Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 01/0001191/2002-IN, interposto por Fernando Fernández Fraga.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001191/2002-IN interposto por Fernando Fernández Fraga, contra a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 7 de agosto de 2002, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de profesores do INEF de Galicia (DOG nº 160, do 21 de agosto).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública