Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5361/2002).

Por este edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, en nome e representación de Eva María Doallo Álvarez, contra o Decreto 278/2002, do 12-9, do mapa farmacéutico e delimitación territorial para a autorización de novas oficinas de farmacia conforme módulos de poboación (Diario Oficial de Galicia nº 187, do 27 -9-2002).

Recurso número 02/0005361/2002.

A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que non foron notificadas persoalmente e que teñan un dereito ou interese lexítimo no dito recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. De o faceren con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, once de novembro de dous mil dous.

Isabel Freire Corzo

Secretaria