Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.070

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 341/2002, do 4 de decembro, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo) e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia en repre

sentación da CEG, a Francisco Javier García de Paredes y Moro e en representación da Universidade da Coruña, a Rafael García Rodríguez.

Santiago de Compostela, catro de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente