Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.070

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 28 de novembro de 2002 pola que se nomean os membros integrantes da Comisión de Consentimento Informado.

A Lei 3/2001, do 28 de maio, regula o consentimento informado e a historia clínica dos pacientes. No seu artigo 12, punto 1º, establécese a constitución da Comisión de Consentimento Informado, determinando, así mesmo, as súas funcións. No punto 2º sinala que a composición da Comisión de Consentimento Informado será determinada por decreto da Xunta de Galicia.

En consecuencia, o Decreto 247/2002, do 18 de xullo (DOG nº 147, do 1 de agosto), determina a constitución, composición e funcións da Comisión de Consentimento Informado. No seu artigo 2º determina a composición da citada comisión.

Na súa virtude, e no uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse como membros da Comisión de Consentimento Informado as persoas que a seguir se citan:

-Presidente: Francisco J. López Rois, director xeral da División de Asistencia Sanitaria.

-Vicepresidente: Jorge Aboal Viñas, subdirector xeral de Atención Especializada.

-Secretaria: Mª del Pilar Fraga Gallego, funcionaria da División de Asistencia Sanitaria. Suplente, Mª del Carmen Cunqueiro Suárez.

-Vocais:

a) Martín Mario Díaz López, representante da División de Asistencia Sanitaria. Suplente, Mª del Carmen Lesquereux Muñiz.

b) José Luis Carbajo Romero, representante da Secretaría Xeral do Sergas. Suplente, María José Pérez Dafonte.

c) Representantes de hospitais de titularidade pública:

1. Segundo Jorge Méndez, Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Suplente, Benigno Acea Nebril.

2. Susana Cerqueiro Gómez, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Suplente, Rafael Rodríguez Brea.

3. Carlos Bonelli Martín, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos. Suplente, Leandro Pita Caaveiro.

4. Jaime Arbeteta Juanes, Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Suplente, Carlos Gegúndez Gómez.

5. Bernardo Moreda de Lecea, Hospital da Costa. Suplente, Carmen González Mon.

6. Salvador Pagazaurtundúa Gómez, Hospital Comarcal de Monforte. Suplente, Fernando Gómez Pérez.

7. Marta Ardavín García, Complexo Hospitalario de Ourense. Suplente, Pedro Trillo Parejo.

8. Carmen Rodríguez Martínez, Hospital Comarcal de Valdeorras. Suplente, Ángel A . González Prendes.

9. Gerardo Atienza Merino, Complexo Hospitalario de Pontevedra. Suplente, Arturo Varela Freijanes.

10. Francisco Santander López, Hospital do Meixoeiro. Suplente Juan Clofent Vilaplana.

11. Pedro Martínez Cueto, Complexo Hospitalario Xeral-Cíes. Suplente, Moisés Casal Rivas.

d) Rafael Juane Sánchez, representante de hospitais concertados polo Sergas. Suplente, Jorge Cobián Casares.

e) Germán González Pajó, representante de hospitais de titularidade privada. Suplente, Juan José García Cota.

f) Isidro J. Lago Barreiro, representante dos colexios oficiais de médicos de Galicia. Suplente, Julio González-Babé Ozores.

Disposición adicional

De acordo co disposto no artigo 2.3º do Decreto 247/2002, do 18 de xullo, polo que se determina a constitución, composición e funcións da Comisión de Consentimento Informado, os membros da comisión serán nomeados por un período de catro anos, transcorrido o cal, deberán proceder a renovarse os ditos nomeamentos.

O devandito período de catro anos contarase desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade