Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.070

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 340/2002, do 4 de decembro, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo) e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia en representación da CEG, Juan Silva Alvite e en representación da Universidade da Coruña, Juan Jesús Fernández Caínzos.

Santiago de Compostela, catro de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente