Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

No BOP do 29 de outubro de 2002 se insire anuncio relativo á convocatoria para provisión, polo procedemento de libre designación, do posto vacante de xefe do servicio de contratación da área de réxime interior do Concello de Vigo.

As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles a partir da publicación deste anuncio no DOG, segundo o modelo que se inclúe no anexo II do citado anuncio publicado no BOP.

Vigo, 29 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde