Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

O alcalde do Concello de Verea (Ourense), mediante Decreto do 30 de outubro de 2002, aprobou o expediente de contratación de asistencia técnica, para levar a cabo diversas actuacións en materia de xestión catastral neste concello, mediante procedemento aberto e por concurso.

Así mesmo, o alcalde, no decreto antes mencionado, tamén aprobou o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán na citada contratación, o que se expón ó público por un prazo de 8 días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG para efectos de reclamacións.

Por outra banda, anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará no caso de que se formulen reclamacións contra este prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Alcaldía.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: constitúe o obxecto do contrato a asistencia técnica que resulte precisa para levar a cabo diversas actuacións en materia de xestión catastral do Concello de Verea, na forma descrita e definida polo prego de cláusulas económico-administrativas particulares, e facilitando en todo momento cantos datos resulten precisos para levar a cabo unha correcta xestión do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana, así como a súa recadación, incluso as actividades de investigación que este poida xerar.

Os traballos que se contratan desenvolveranse tendo en conta as directrices dictadas pola Xerencia Territorial do Catastro de Ourense e en estricta colaboración co concello.

b) Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2003, prorrogable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Os traballos que se contratan serán retribuídos na contía que resulte da adxudicación, debendo os licitadores formula-las ofertas pertinentes, segundo o modelo que figura na claúsula décimo terceira.

5. Garantías.

a) Provisional: será de 500 euros e poderá constituírse en calquera das modalidades previstas no artigo 36 da LCAP.

b) Definitiva: será de 1.000 euros e poderá constituírse en calquera das modalidades previstas no artigo 36 da LCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verea (Ourense).

b) Domicilio: Carballo (Verea).

c) Localidade e código postal: Verea, código postal 32813.

d) Teléfono: 988 43 06 00 ou 988 43 06 58.

e) Fax: 988 43 06 59.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro dos 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Verea.

d) Domicilio: Carballo-Verea.

e) Localidade e código postal: Verea, código postal 32813.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Verea.

b) Domicilio: Carballo-Verea.

c) Localidade: Verea.

d) Data: ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Se coincidise sábado ou día inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil.

9. Criterios de adxudicación.

Os sinalados na cláusula décimo cuarta do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario, sinalándose como importe máximo a cantidade de 300 euros.

Verea, 4 de novembro de 2002.

O alcalde

Rubricado