Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O decreto do Consello da Xunta de Galicia 24/2002, do 24 de xaneiro, declarou a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación e obtención dos terreos para a construcción da nova variante entre a avda. de Lugo (N-550) e A Ponte Pedriña (N-525) no núcleo de Santiago de Compostela (1ª fase).

En cumprimento do establecido no artigo 52, consecuencias 4ª e seguintes da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordantes do seu regulamento, esta Administración dispuxo que se proceda ó pagamento das cantidades sinaladas como depósitos previos e indemnizacións por urxente ocupación, así como á posterior e inmediata ocupación dos bens e dereitos relacionados no anexo, afectados pola expropiación a que se refire o epígrafe, nos días, horas e lugar que se indican.

Este edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

A este acto deberán acudir tódolos titulares dos bens e dereitos afectados; advírteselles ós interesados que na data, hora e lugar indicados deberán comparecer por si ou por medio de representante debidamente apoderado para actuar no seu nome, debendo achegar certificación rexistral ó seu favor ou, no seu defecto, títulos xustificativos da súa propiedade completados pola certificación do Rexistro da Propiedade referida á mesma parcela descrita en tales títulos de que non está inscrita, e identificarse con documento nacional de identidade (levarán unha copia dos títulos orixinais e unha copia do último recibo do imposto de bens inmobles para entregar nese momento). Poden asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde

ANEXO

Lugar: local sociocultural A Ponte Pedriña (antigo matadoiro).

ParcelaNomeDíaHora

1-4-7-9José Mariño Codesido e Joaquina Rivero

Vicente

18-12-20029

2Mª del Carmen Quintáns Torreiro18-12-20029.15

3Juan Luis Casal Estraviz18-12-20029.30

5Carmen Martínez Sende18-12-20029.45

6Hros. de Santiago Mariño Fraga18-12-200210

8Ricardo Hortas Iglesias e Carmen Hortas

Iglesias

18-12-200210.15

10Antonio Quintáns Barroso e outros18-12-200210.30

12Construcciones Otero Pombo18-12-200210.45

17Marí Dominga Cepeda Vidal18-12-200211

27Hrd. de Manuel Fernández Domonte18-12-200211.15

28Pablo Gondelle Sayáns e Mercedes Sixto

Vigo

18-12-200211.30

29Mercedes Otero Rivas18-12-200211.45

30Palmira Rilo Bautis18-12-200212

31Roberto Rueda Rúa e outros18-12-200212.15

32José Antonio Vilar Montero18-12-200212.30

33Descoñecido18-12-200212.45

ParcelaNomeDíaHora

34Manuel Fandiño Vilariño19-12-20029

35Descoñecido19-12-20029.15

36Consuelo Ramos Quintáns19-12-20029.30

37Comunidade hereditaria de José Manuel

Pereira de la Fuente

19-12-20029.45

38Jesús Sanmartín Iglesias e Mª Trinidad

Lema Mariño

19-12-200210

39Hros. de Ramona Ferro Brea19-12-200210.15

40Manuel Otero Rozas19-12-200210.30

41Descoñecido19-12-200210.45

42Mercedes Otero Rivas19-12-200211

45Hros. de Manuel Cepeda Vidal19-12-200211.15

46Isabel Mirás Mariño19-12-200211.30

47Coralia Gondelle Mariño19-12-200211.45

48Teodora Mª del Carmen Nogueira Lea19-12-200212

49Gloria Lafuente Rodríguez19-12-200212.15

51Hros. de Manuel Gil Cepeda19-12-200212.30

76Descoñecido19-12-200212.45