Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO sobre aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa Tras do Muíño D-Vimianzo.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 21 de outubro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Tras do Muíño D-Vimianzo, parroquia de Vimianzo, promovido por Antonio Sampedro Santos, DNI nº 76303372-K.

Consonte o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, para os efectos de presentación das reclamacións ou alegacións que se estimen oportunas.

O expediente pódese consultar durante as horas de oficina na secretaría do concello.

Os gastos deste anuncio serán por conta do solicitante.

Vimianzo, 5 de novembro de 2002.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde