Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servicio que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 310/2002.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza de diversos centros da Universidade de Vigo, (CPV. 74.70.13). b) División por lotes e número: lote 1 (Biblioteca Central Campus As Lagoas-Marcosende), lote 2 (Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Campus As Lagoas-Marcosende), lote 3 (E.T.S.E. Industriais Campus As Lagoas-Marcosende) e lote 4 (Facultade de Filoloxía e Traducción Campus As Lagoas-Marcosende).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: lote 1: 88.000 euros, IVE incluído. Lote 2: 230.000 euros, IVE incluído. Lote 3: 200.000 euros, IVE incluído. Lote 4: 217.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

-Provisionais: lote 1: 1.760 euros, lote 2: 4.600 euros, lote 3: 4.000 euros, lote 4: 4.340 euros.

-Definitivas: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o 16 de xaneiro de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista: no lote 1: acreditarase a solvencia económico/financeira e solvencia técnica segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares, e nos lotes 2, 3 e 4 esíxese clasificación grupo: U, subgrupo: 1, categoría: B, ou a anterior clasificación grupo: III, subgrupo: 6, categoría: B.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o 23 de xaneiro de 2003 ás 14 horas. b) Documentación necesaria: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo r/ Oporto, nº 1, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a data fixada para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o 28 de xaneiro de 2003. e) Hora: 13 horas.

10. Outras informacións: a) Criterios de adxudicación: 1) Oferta económica: 40 puntos. 2) Calidade da oferta: 40 puntos. 3) Control de calidade do servicio: 10 puntos. Prezo/hora para servicios especiais: 10 puntos. b) Duración do contrato: un ano a partir da formalización do contrato e de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 2-12-2002.

Vigo, 2 de decembro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo