Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, mediante expediente anticipado de gasto polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección das obras de desenvolvemento no nivel de proxecto de execución do plan director do Ambulatorio Novoa Santos de Ourense.

Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

Obra: desenvolvemento no nivel de proxecto de execución do plan director do Ambulatorio Novoa Santos de Ourense.

Orzamento da contrata: 50.981,18 A.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do importe de adxudicación.

Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso

no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

P.D. (Decreto 45/2002, do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos