Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 26-9-2002, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente 34/2001.PMP de modificación do Plan

parcial do polígono industrial de Sabón (parcela 33-A).

Recursos.

Contra este acordo poderase interpoñer, ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (STSXG) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA).

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 LRX-PAC.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 LXCA.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 LXCA en relación cos artigos 116 e 117 LRX-PAC.

Arteixo, 22 de outubro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde