Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 380 de cualificación do monte De Castelo, pertencente á parroquia de Santiago de Castelo, concello de Culleredo.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, tramítase o expediente nº 380, de cualificación do mon

te que ten as características que se indican a continuación:

Monte: de Castelo.

Comunidade: Parroquia de Santiago de Castelo.

Parroquia: Castelo.

Concello: Culleredo.

Superficie: 141,15 ha.

Lindeiros:

Parcela 1. Monte Xalo. Superficie 138,83 ha.

Norte: monte de Antonio Rodríguez, José Souto, e outros veciños de Castelo, desde a Pedra do Conde ata o lugar de Folgueira. Leste: monte de Juan Álvaro, José Seijo, e outros veciños de Castelo e Carral, desde o lugar de Folgueira, seguindo o camiño da Uceira e o rego da Uceira ata chegar Fonte Miguel. Sur: termo do concello de Cerceda, desde a Fonte Miguel ata o monte veciñal da parroquia de Celas. Oeste: monte veciñal da parroquia de Celas, monte de hdros. de Ricardo Martínez, Juan Antonio Fariña, e outros veciños de Celas e Castelo, ata chegar Pedra do Conde.

Parcela 2. Monte do Vilar. Superficie: 2,23 ha.

Norte: monte de hdros. de Encarnación Vázquez, Antonio Fero, e outros veciños de Castelo, polo camiño do Vilar. Leste: monte de Antonio Rodríguez. Sur: monte de hdros. de Manuel Rodríguez, hdros. de Pilar Mateo, e outros veciños de Castelo. Oeste: monte de hdros. de Esperanza Ponte, hdros. de Inocencio Martínez, e outros veciños de Castelo.

Parcela 3. Monte das Cerdeiras. Superficie: 0,09 ha.

Norte: monte de Juan Naviera. Leste: monte de Luisa Naviera. Sur: monte de Josefa Reboredo. Oeste: monte privado.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de outubro de 2002, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de outubro de 2002.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común da Coruña