Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 379 de cualificación do monte San Pedro Mártir e Ferrañas ou Serrada, pertencente ó lugar de Lobelos, parroquia de Pereiriña, concello de Cee.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 379, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: San Pedro Mártir e Ferrañas ou Serrada.

Comunidade: lugar de Lobelos.

Parroquia: Pereiriña.

Concello: Cee.

Superficie: 3,02 ha.

Lindeiros:

Parcela 1. San Pedro Mártir. Superficie: 2,43 ha.

Norte: pista asfaltada. Leste: camiño do Alto da Cheda. Sur: camiño. Oeste: pista asfaltada.

Parcela 2. Ferrañas ou Serrada. Superficie: 0,59 ha.

Norte: predio de Manuel Trillo. Leste: remata en punta. Sur: camiño e pista asfaltada. Predio de Francisco Mouzo. Oeste: predios de Celia García, Luz-Divina González e outros.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de outubro de 2002, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de outubro de 2002.

P.A.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor