En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Gallega de Tintorerías y Lavanderías que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita federación as asociacións de tintorerías e lavanderías de ámbito provincial de Galicia.
Asinan a acta de constitución: José Antonio Cabado Rodríguez, representando á Asociación Provincial de Empresarios de Tintorería y Lavandería de Lugo, e sete persoas máis representando as outras asociacións das restantes provincias.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais