Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 18 de outubro de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Ramón Sestayo Lestón, avalada co visto e prace do presidente, Domingo Dosil Cubelo, na que se reflicten os acordos acadados na reunión celebrada en Santiago de Compostela o día 20 de setembro de 2002 pola asemblea xeral e que consisten na modificación dos artigos 2, 7 e 8 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais