Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da asociación Cluster de la Madera de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 31 de outubro de 2002 a acta da asemblea xeral, expedida polo secretario da devandita asociación, Ramón González Vinagre, avalada co visto e prace do presidente, Ricardo García-Borregón Millán, na que se reflicten os acordos acadados na reunión celebrada o día 25 de outubro de 2002 pola asemblea xeral e que consisten na introducción do artigo 30 bis nos estatutos, que fai referencia ó destino dos bens en caso de disolución.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais