Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Sistemas de Bronceado de Galicia (Asbga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Sistemas de Bronceado de Galicia (Asbga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas relacionadas co sector do bronceado mediante raios UV.

Asinan a acta de constitución: Ernesto Agulló Hernández, en representación da entidade mercantil Todo para el Bronceado, S.A., e catro persoas máis representando outras entidades mercantís.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais