Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 17.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación da asistencia para a realización do inventario das características físicas e xeométricas da rede de estradas da deputación. (Expediente 7498/2002 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da asistencia para a actualización do inventario das características físicas e xeométricas da rede de estradas da deputación.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: 8 meses.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento de contrata dos traballos ascende á cantidade 29.699,62 IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de novembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña