Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 17.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación da asistencia á deputación para o mantemento de datos catastrais. (Expediente 9805/2002 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da asistencia á deputación para o mantemento de datos catastrais.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: 8 meses.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento máximo de licitación para cada un dos 3 lotes é de 49.300 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de novembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña