Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 17.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a realización das modificacións na xestión do IAE e do IBI como consecuencia da reforma da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais. (Expediente 10285/2002 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da asistencia técnica para a realización das modificacións na xestión do IAE e do IBI como consecuencia da reforma da Lei 30/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: o prazo e calendario da execución das distintas tarefas será o seguinte:

IAE: análises e deseño. 10 días en decembro de 2002.

IAE: implantación das modificacións. 20 días en xaneiro de 2003.

IBI: análise e deseño. 20 días en febreiro de 2003.

IBI/Urbana: implantación das modificacións. 30 días en marzo 2003-abril 2003.

IBI/Rústica: implantación das modificacións. 46 días en abril 2003-xuño 2003.

O que fai unha totalidade de 126 días laborais (dúas persoas, 7 horas/día) ou 1.764 horas.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 47.628 A (corenta e sete mil seiscentos vinteoito euros), IVA engadido.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de novembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña