Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 17.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exposición pública.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 31 de outubro de 2002, acordou inicia-lo expediente de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto técnico de expropiación para execución do xardín botánico, 1ª fase, do que é beneficiario o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o Concello expón ó público o dito proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e na prensa local ou desde a notificación individual, se esta fose posterior, para que os interesados poidan formula-las observacións e reclamacións que coiden convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoracións dos seus respectivos dereitos.

Este edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Relación de bens e dereitos afectados:

Termo municipal: Santiago de Compostela.

Situación: ó longo da estrada de San Lourenzo.

Propietario/aEnderezoParc.mCultivo

Quiroga García, Amparo

Herdeiros

Rúa Real, 11-1º esq.

15003 A Coruña

14717.600Parcela e

casa

Hros. de María Irago ArnejoFernando III O Santo,

13-5º A, Santiago de C.

1487.910Parcela e

casa

ObinsaR/ Xeneral Pardiñas, 30-1º B

Santiago de C.

1497.700Pasteiro

ObinsaR/ Xeneral Pardiñas, 30-1º B

Santiago de C.

1505.605Pasteiro

Concello de Santiago de C.Santiago de Compostela1512.389Inculto

Parcelario segundo certificacións catastrais con data do 8 de outubro de 2002.

Propietario/aEnderezoParcela

Quiroga García del Hoyo, JorgeRúa Real, 11-1º esq.

15003 A Coruña

147

Hros. de María Irago ArnejoR/ República Arxentina, 18-4º esq.

Santiago de Compostela

148

Fernández Puente, AntonioRúa de San Lourenzo, s/n

Santiago de Compostela

149

Universidade de Santiago de C.Rúa Nova, 6

Santiago de Compostela

150

Concello de Santiago de C.Praza do Obradoiro, 1

Santiago de Compostela

151

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde