Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.971

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FEDERACIÓN GALEGA DE MOTOCICLISMO

ANUNCIO da modificación dos estatutos da Federación Galega de Motociclismo.

Aprobada a modificación dos artigos 1º, 6º, 10º.5, 12º, 13º, 30º b), 44º.1, 50º, 51º e 52º dos estatutos pola asemblea da Federación Galega de Motociclis

mo, en reunión extraordinaria do 12 de outubro de 2002 e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en resolución do 21 de outubro de 2002, publícanse a continuación as modificacións producidas:

Artigos 1º e 6º: suprimir «cargos oficiais» e engadir: «xuíces-árbitros, técnicos e xunta directiva».

Artigo 10º.5: engadi-lo punto «g) Estar ó corrente das súas obrigas coa federación».

Artigo 12º: «A asamblea xeral estará constituída polo presidente da federación e polos representantes dos seguintes estamentos: entidades deportivas, deportistas, xuíces-árbitros, técnicos e xunta directiva.

As entidades deportivas non poderán ser membros da asemblea xeral, se no momento da convocatoria de eleccións non figuran inscritos no rexistro de clubs, federacións e entidades deportivas da Xunta de Galicia.

Os compoñentes da xunta directiva que non sexan membros da asemblea, unicamente por este carácter poderán asistir ás reunións da asemblea, con dereito a voz pero sen voto».

Artigo 13º: «A asamblea xeral está integrada por 40 membros e a representación dos estamentos sinalados con anterioridade responderá ás seguintes proporcións:

-Entidades deportivas: corresponde o 70% dos membros da asamblea.

-Deportistas: corresponde o 15% dos membros da asamblea.

-Xuíces-árbitros: corresponde o 5% dos membros da asemblea.

-Técnicos: corresponde o 5% dos membros da asemblea.

-Xunta directiva: corresponde o 5% dos membros da asemblea».

Artigo 30º: engadir no segundo parágrafo da letra b): «Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica activa do deporte motociclista como deportistas, técnico ou cargo oficial».

Artigo 44º.1: «A xunta electoral estará composta por tres membros, que serán elixidos na asemblea xeral inmediatamente despois de aprobado o regulamento electoral. Designaranse así mesmo os membros suplentes, en igual número e condicións que os titulares».

Artigo 50º: «Os representantes das entidades deportivas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os representantes dos correspondentes a cada circunscripción electoral dos que integran o censo de entidades deportivas inscritas no rexistro público da federación e no rexistro de clubs, federacións e asociacións deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria das eleccións, e estivesen igualmente inscritos durante a tempada deportiva anterior, sempre que organizasen nalgunha das dúas tempadas competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Motociclismo.

Enténdese por competición ou actividade deportiva de carácter oficial para as entidades deportivas a organización de competicións ou actividades correspondentes ós campionatos galegos aprobados pola asemblea xeral».

Artigo 51º: «Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan licencia en vigor expedida pola Federación Galega de Motociclismo, no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, alomenos, durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Motociclismo nalgunha das dúas tempadas. Considerándose competicións ou actividades de carácter oficial aquelas puntuables para os campionatos galegos».

Artigo 52º.

«52º.1: Os representantes dos xuíces-árbitros na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertencentes a este estamento, dos que teñan licencia de comisario deportivo ou director de competición en vigor expedida pola Federación Galega de Motociclismo no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, como mínimo, na tempada deportiva inmediatamente anterior, sempre que exerceran como tal en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Motociclismo nalgunha das dúas tempadas. Tendo a consideración de competicións ou actividades de carácter oficial aquelas puntuables para os campionatos galegos».

«52º.2: Os representantes dos técnicos na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertencentes a este estamento, dos que teñan licencia de comisario técnico ou cronometrador en vigor expedida pola Federación Galega de Motociclismo no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, como mínimo, na tempada deportiva inmediatamente anterior, sempre que exerceran como tal en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Motociclismo nalgunha das dúas tempadas. Tendo a consideración de competicións ou actividades de carácter oficial aquelas puntuables para os campionatos galegos».

«52º.3: os representantes da xunta directiva na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertencentes a este estamento, dos que sexan membros da xunta directiva da Federación Galega de Motociclismo, no momento da convocatoria das eleccións e tamén, alomenos, durante a tempada deportiva anterior».

Nos artigos 4º g), 46º, 55º c), e 66º substitúese a expresión «Comité Galego de Disciplina Deportiva» por «Comité Galego de Xustiza Deportiva».

Luis Acuña Fandiño

Secretario xeral da Federación Galega

de Motociclismo