Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.971

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EMPRESA MUNICIPAL DA VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, S.A.

ANUNCIO de licitación.

A Empresa Municipal da Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa) tramita concurso, por procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras contidas no proxecto de urbanización do polígono UA 14-15-17-18-19 do PERI 7 A Ponte Pedriña.

Tipo de licitación: 886.526,32 euros.

Data e hora límites para a recepción de ofertas: 3 de xaneiro de 2003, ás 14 horas.

Os interesados poden obte-los pregos de condicións e demais información nas oficinas de EMUVISSA; Rúa do Vilar, 67-2º, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 26 76.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Presidente da Empresa Municipal da Vivenda e

Solo de Santiago de Compostela, S.A.