Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 31 de outubro de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación da UEI-6 do PXOM de Vilagarcía de Arousa, no ámbito de Desamparados.

De conformidade co establecido no artigo 133.4º, en concordancia co artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese a información pública o indicado proxecto, polo prazo de vinte días, contados a partir da publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG, podendo os interesados examina-lo expediente nas dependencias municipais e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 7 de novembro de 2002.

Joaquín J. Gago López

Alcalde