Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobados inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 20 de novembro de 2002, os seguintes proxectos:

Proxecto do Plan parcial para a 2ª ampliación do parque empresarial e modificación puntual do Plan

parcial da 1ª actuación, promovido por Xesturlugo e redactado pola enxeñeira de camiños, canles e portos Mª Luisa Menéndez Miramontes.

Proxecto do Plan parcial do polígono industrial de Vilalba -ampliación 3ª-, promovido por Inmobiliaria Villalbesa, S.L. e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Antonio López Grueiro.

Acordada a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, procédese a esta para os efectos de que no devandito prazo, contado a partir da última publicación deste anuncio no DOG e no xornal La Voz de Galicia, se poidan formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Vilalba, 27 de novembro de 2002.

O alcalde

Rubricado