Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión extraordinaria do día vintedous de novembro de dous mil dous, aprobou inicialmente o estudio de detalle para edificio multiúsos Sociedad La Unión, promovido pola Sociedad Cultural Recreativa La Unión e redactado polo arquitecto Antonio Taboada López.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación oficial, perante o cal, os interesados poderán consulta-los expedientes e formularen por escrito as alegacións que xulguen pertinentes.

Sarria, 27 de novembro de 2002.

Arturo Corral Guitián

Alcalde en funcións