Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 28 de novembro de 2002 pola que se convoca o réxime de concesión de axudas para a habilitación e mellora de infraestructuras nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2003 de acordo coas bases reguladoras establecidas nos anexos III e IV da Orde do 11 de marzo de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 55, do 18 de marzo.

Os parques empresariais e as infraestructuras de solo empresarial creadas hai anos e cun alto nivel de ocupación de empresas, van tendo, como consecuencia do tempo transcorrido, determinadas carencias infraestructurais e novas necesidades en materia de comunicación, enerxéticas ou de adecuación ás esixencias de normas posteriores á súa creación e de servicios comúns de carácter xeral que lles permitan unha actualización permanente fronte ós seus competidores.

Coa finalidade de realiza-la renovación destas infraestructuras, para evita-la súa obsolescencia, ou de habilitar outras novas non previstas na súa orixe, e co obxecto de motiva-lo esforzo común de constante mellora competitiva de oferta de solo empresarial, como elemento dinamizador da economía e do emprego local, dentro das competencias en materia de fomento empresarial que lle son propias á Comunidade Autónoma, a Consellería de Industria e Comercio estima necesario establecer medidas de apoio á actividade económica a través de proxectos investidores en materia de infraestructuras de instalacións e de servicios ás empresas.

O contido desta orde de axudas axústase ó establecido polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2000, segundo o cal, en tanto non recaia a decisión da Comisión Europea de compatibilidade coa normativa comunitaria e non entre en vigor a nova disposición normativa, manterase a actividade de fomento autonómica axustándose ás directrices, tanto horizontais como sectoriais, dictadas pola Comisión Europea, así como, se é o caso, os límites de intensidade autorizados a Galicia no Mapa Rexional de Axudas de España para o período 2000-2006.

O contido desta orde de axudas axústase así mesmo o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia e o establecido polo Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta convocatoria desenvolve os procedementos dos anexos III e IV da Orde do 12 de marzo de 2002, na que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de enerxía,

minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

Consecuentemente con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto da presente orde é convoca-las axudas e subvencións do programa de apoio á habilitación de servicios e mellora de infraestructuras en parques empresariais, e apoio á incorporación dos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas ó gas natural, recollidos nos anexos III e IV da Orde do 11 de marzo de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

Tal como se establece no artigo 3.2º da dita orde, o obxecto, requisitos dos beneficiarios e criterios obxectivos de adxudicación son os establecidos para cada programa de incentivos no seu anexo, observando, no non previsto nela, o que se establece nos seguintes artigos.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario e contía máxima da axuda.

As axudas financiaranse cos créditos e as aplicacións orzamentarias, que son as que se indican de seguido:

AplicaciónDenominaciónImporte en euros

Ano 2003Ano 2004

08.02.661-C 760.0Concellos: actuacións en materia

de infraestructuras en polígonos

industriais

1.500.000250.000

08.02.661-C 780.0Asociacións: actuacións en materia

de infraestructuras en polígonos

industriais

200.00030.000

08.02.631-B 771.1Empresas: gas nos polígonos

industriais

74.075,8730.000

O gasto que se proxecta tramitarase como expediente anticipado e está condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio para 2003, de acordo co disposto no artigo 3.3º in fine da Orde do 27 de novembro de 2000, pola que se modifica a Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Esas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Poderanse establece-los correspondentes compromisos plurianuais dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente.

A contía máxima da subvención neta equivalente nas aplicacións 08.02.661-C 760.0 Concellos e 08.02.661-C 780.0 Asociacións poderá acadar:

Ata o 100% do custo de elaboración dos estudios ou proxectos técnicos.

Ata o 40% do investimento subvencionable na execución de proxectos de mellora ou acondicionamento de servicios e infraestructuras en materia de comunicación, subministracións enerxéticas, iluminación, saneamento e edificios múltiples.

Ata o 20% do investimento subvencionable na execución de proxectos de mellora ou acondicionamento das infraestructuras, en materia de reparación e pavimentación de vías e movemento de terras.

A contía máxima da subvención neta equivalente na aplicación 08.02.631-B 771.1 Gas en polígonos industriais poderá acadar:

Ata o 40% do custo dos ramais de gas natural a parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas.

Artigo 3º.-Concorrencia de axudas e subvencións públicas.

O importe da subvención neta equivalente ás empresas, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, non poderá supera-lo máximo de intensidade rexional, 40% sobre o investimento subvencionable establecido para cada actividade nesta orde. No caso de axudas a empresas PEME engadirase un 15% adicional ó dito límite, de acordo coas directrices sobre axudas de Estado de finalidade rexional (98/C 74/06) en relación co mapa de axudas de finalidade rexional para o período 2000-2006 en España, aprobado pola Comisión Europea (axuda de Estado número 773/1999). Os ditos límites máximos aplicaranse tanto se a axuda provén integramente de fontes nacionais como se foi cofinanciada con fondos comunitarios (punto 4.21 Directrices comunitarias sobre axudas de Estado ás pequenas e medianas empresas (DOCE 213, do 23-7-1996).

Enténdese por mediana empresa, a que cumpre os seguintes requisitos: que empregue menos de 250 persoas, que o volume de negocio non supere os 40 millóns de euros ou que o balance xeral non exceda dos 27 millóns de euros e que sexa independente, isto é que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a outras empresas que non respondan á definición de PEME. Estes criterios aplicaranse á empresa no seu conxunto, incluídas filiais situadas noutros estados membros ou fora da UE (recomendación da Comisión do 3 de abril de 1996, relativa á definición de pequenas e medianas empresas DO L 107, do 30 de abril de 1996, p4).

Enténdese por subvención neta equivalente como o beneficio último que a axuda debería proporcionar á empresa unha vez deducido o imposto sobre sociedades aboado en concepto da dita axuda.

Artigo 4º.-Actuacións subvencionables.

Serán subvencionables as actuacións seguintes:

A) A elaboración ou execución de estudios e proxectos de investimento para a incorporación de

novos servicios e para a mellora das infraestructuras existentes en materia de comunicación, subministracións enerxéticas, iluminación, saneamento, reparación e pavimentación de viais, movemento de terras e edificios múltiples.

B) A realización de instalacións centralizadas de producción de calor ou electricidade, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

C) A dotación de infraestructuras de servicios avanzados que poidan ser prestados con carácter horizontal e que supoñan unha mellora en materia de xestión, seguridade e formación.

D) As infraestructuras comúns para o achegamento de gas natural desde a rede de transporte secundaria ou de distribución próximos, para o abastecemento a parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas cun previsible baixo nivel de demanda e que non dispoñan desta forma enerxética. Non se valorarán para os efectos de investimento os gastos que se realicen en pagamento de impostos, taxas, contribucións, licencias nin outros de carácter tributario, fiscal ou sometidos a aranceis, e os investimentos realizadas con fórmulas de arrendamento financeiro.

Artigo 5º.-Solicitudes, prazo de presentación e documentación.

As solicitudes xunto coa documentación dirixiranse ó conselleiro de Industria e Comercio e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, nas delegacións provinciais ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito o convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado do rexistro coa administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes cubertas segundo os modelo dos anexos A e B, e a seguinte documentación deberán presentarse por duplicado:

-Memoria técnica xustificativa da actuación que se vai desenvolver de conformidade coa presente orde e prazo de execución, que levará como anexo unha relación das empresas situadas no parque empresarial.

-Orzamento detallado por capítulos e conceptos das actuacións.

-No caso de execución de obras, proxecto asinado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente.

-Informe urbanístico emitido polo concello no que se indique que a actuación para a que se solicita subvención é conforme coa legalidade urbanística

vixente no concello ou, se é o caso, que o investimento non precisa licencia municipal.

-Titularidade das infraestructuras do proxecto ou autorización expresa das actuacións no caso de que o solicitante non sexa o titular.

-Declaración doutras axudas solicitadas.

-Fotocopia cotexada do NIF/CIF do beneficiario.

-No caso de instalacións centralizadas de producción de calor ou electricidade xuntarase convenio especifico do titular das infraestructuras coas empresas implicadas na xeración de enerxía conforme co Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro.

As solicitudes cubertas segundo modelo do anexo C, e a seguinte documentación deberán presentarse por duplicado:

-Memoria técnica xustificativa da actuación que se vai desenvolver de conformidade coa presente orde e prazo de execución, que levará como anexo unha relación de empresas situadas no parque empresarial, co correspondente número do rexistro de establecementos industriais.

-Orzamento detallado por capítulos e conceptos das actuacións, no caso de execución de obras.

-Proxecto asinado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente.

-Informe urbanístico emitido polo concello no que se indique que a actuación para a que se solicita subvención é conforme coa legalidade urbanística vixente no concello ou, se é o caso, que o investimento non precisa licencia municipal.

-Titularidade das infraestructuras do proxecto ou autorización expresa das actuacións no caso de que o solicitante non sexa o titular.

-Declaración doutras axudas solicitadas.

-Para as empresas suxeitas ós requisitos establecidos no anexo III da Orde do 11 de marzo de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de industria, enerxía, minas, tecnoloxía e desenvolvemento, que se refire ás esixencias de contratación estable de traballadores, presentarase documento acreditativo relacionando os traballadores e o seu tipo de contrato (fixo ou temporal); de se-lo caso achegaranse os compromisos requiridos no dito anexo.

-Último recibo do pagamento do imposto de actividades económicas.

-Copia cotexada do NIF/CIF do beneficiario.

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día seguinte ó da publicación desta orde no DOG e rematará o día 30 de xaneiro de 2003.

Artigo 6º.-Emenda de defectos.

Conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se a solicitude de subvención non reúne os requisitos esixidos nesta orde o interesado será requirido para que nun prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da recepción

do dito requirimento, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación que de non facelo, considerase desistido na súa solicitude, logo de resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Artigo 7º.-Valoración de proxectos.

Conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma galega, a valoración das solicitudes admitidas realizarase por unha comisión constituída para o efecto que, estará presidida polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas ou a persoa na que delegue. Constituirana ademais o subdirector xeral de Administración Industrial, o xefe do Servicio de Seguridade Industrial que actuará como secretario, e os delegados provinciais da Consellería de Industria e Comercio ou as persoas nos que estes últimos deleguen.

Os expedientes completados e revisados, remitiránselle á comisión de valoración para que proceda a propoñer aprobación ou denegación de axudas seguindo os criterios establecidos nos anexos III e IV da Orde do 11 de marzo de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

A comisión proporá a contía das axudas correspondentes ós investimentos subvencionables ata esgota-lo crédito dispoñible, quedando en reserva o resto dos investimentos subvencionables, para que, se se producise algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, puideran ser atendidos co crédito que quedará libre.

Á vista do informe emitido pola comisión dictaranse as correspondentes resolucións de acordo co establecido no artigo 4 da Orde do 11 de marzo de 2002.

Nos supostos B e D das actuacións subvencionables sinaladas no artigo 4º desta orde, emitirase informe previo á resolución por parte do Instituto Enerxético de Galicia,.

Artigo 8º.-Actuacións plurianuais.

No caso de actuacións plurianuais, que excedan o exercicio 2002, poderanse establece-los correspondentes compromisos da anualidade, dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, conforme o prazo de execución do investimento, aplicando o disposto, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

Os libramentos correspondentes a estas axudas faranse efectivos con cargo ós créditos consignados para cada exercicio orzamentario. Se a materialización e o pagamento dos investimentos se anticipasen ó calendario establecido na resolución de concesión e non fora posible o reaxuste das anualidades de subvención, o investimento ou pagamento adian

tado poderá servir de xustificación para o libramento das anualidades posteriores sempre que se obtivera a conformidade do órgano competente para a concesión da axuda.

Nos proxectos plurianuais, entenderase que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade correspondente ata fin de ano, corresponden á anualidade seguinte e polo tanto poderanse presentar como xustificantes para o cobramento da dita anualidade.

Artigo 9º.-Xustificación do investimento.

A data límite para executa-las actuacións que foran obxecto de subvención e para xustifica-lo correspondente investimento e pagamento é o 15 de outubro do ano que corresponda, para o cal o beneficiario deberá presentar na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ou nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a seguinte documentación por duplicado:

-Memoria na que se detallen os investimentos e gastos realizados ou o estudio ou proxecto técnico elaborado, que deberá coincidir co aceptado na resolución de concesión da subvención.

-Certificacións por conceptos, e de fin de obra, visados polo correspondente colexio oficial e asinados polo técnico director, no caso de que o investimento subvencionable sexa a realización de obras ou de instalacións.

-Xustificante que acredite estar ó día das súas obrigas tributarias, da seguridade social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa administración pública da Comunidade Autónoma, agás o caso que estean exceptuadas por disposición legal.

-Xustificante das axudas obtidas ou declaración das solicitadas ou que prevé obter para o mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía.

-Documentación acreditativa do cumprimento do anexo III alíneas c) e d) da Orde do 11 de marzo de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de industria, enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo, segundo lle corresponda.

-Certificación da conta bancaria, na que conste ordinal bancario, código do banco, código da sucursal e código da conta corrente, na que debe realiza-lo aboamento, expedida pola propia entidade bancaria.

-O beneficiario de calquera subvención plurianual, que teña un importe que supere os 30.050,51 euros, deberá achegar ademais do xustificante acreditativo da Caixa Xeral de Depósitos, do seguro de caución

prestado pola entidade aseguradora do aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que garanta o importe da anualidade do pagamento que se estea tramitando así como os correspondentes xuros, xuro legal do diñeiro indicado na Lei de orzamentos do Estado que estea vixente nese momento, por un prazo que deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación da última das anualidades da subvención.

Os órganos competentes da Consellería de Industria e Comercio poderán solicita-las aclaracións ou informes ou medios de xustificación a que se refire o artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que consideren convenientes. No caso de que non foran remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale, entenderase que renuncia á axuda.

Artigo 10º.-Pagamento da subvención.

Conforme o establecido nos artigos 15 e 16 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a percepción da axuda terá lugar despois de que os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio, trala inspección realizada, de se-lo caso, certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da subvención e o contemplado na resolución de concesión. Ademais, o beneficiario deberá presenta-la documentación adicional que lle sexa requirida por estes servicios técnicos, co obxecto de determina-lo alcance do proxecto e as actuacións subvencionables.

No caso de que o investimento realizado tivese un custo inferior ó inicialmente previsto e sempre que a minoración do custo non supoña unha realización deficiente do proxecto, a axuda que se conceda verase diminuída nunha porcentaxe proporcional.

Para as subvencións de capital superiores ós 6.101,21 euros destinadas a investimentos en actividades tanxibles, o órgano xestor correspondente, emitirá informe de comprobación material do investimento. Excepcionalmente, esta comprobación material poderase substituír por unha xustificación documental, que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada, tal e como se recolle no artigo 15.3º do Decreto 287/2000.

Artigo 11º.-Incompatibilidades.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Industria, Enerxía e Minas para que dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio