Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.924

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de novembro de 2002 pola que se convoca o réxime de concesión de axudas para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2003, de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo V da Orde do 11 de marzo de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 55, do 18 de marzo e número 77, do 22 de abril.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no DOG nº 230, do 28 de novembro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 16.581, artigo 4º.-Solicitudes, prazo de presentación e documentación, onde di: «O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o día 30 de xaneiro de 2003», debe dicir: «O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase ó día seguinte da publicación desta orde no DOG e rematará o día 30 de xaneiro de 2003».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO