Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.912

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 26 de novembro de 2002 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2003.

De acordo co disposto no artigo 3, punto dous, do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, a Consellería de Industria e Comercio fixará anualmente oito domingos e festivos, que se considerarán hábiles para os efectos do exercicio da actividade comercial en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto lei 6/2000, do 23 de xuño, de medidas urxentes de intensificación da competencia en mercados de bens e servicios, establece no seu artigo 43.un.2 que os domingos e festivos nos que os comercios poderán permanecer abertos ó publico serán, como mínimo, once no ano 2003.

En aplicación dos citados preceptos, logo de consulta efectuada cos axentes socioeconómicos interesados, e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, procédese á fixación dos 11 domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 2003.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ó público cun horario máximo de 12 horas diarias durante o ano 2003 son:

5 de xaneiro.

12 de xaneiro.

17 de abril.

17 de maio.

6 de xullo.

1 de novembro.

30 de novembro.

6 de decembro.

14 de decembro.

21 de decembro.

28 de decembro.

Artigo 2º

O disposto no artigo anterior entenderase sen prexuízo das normas xerais que, en materia de horarios comerciais, establece o artigo 43 do Real decreto lei 6/2000, e o Decreto 365/1996, do 26 de setembro, no que non se opoña ó citado real decreto lei.

Disposición transitoria

Mentres non se proceda a adapta-lo Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais na Comunidade Autónoma de Galicia, ó disposto no Real decreto lei 6/2000, os mínimos que fixa o artigo 43.un.2 do citado real decreto lei terán a consideración de límites máximos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio