Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 25 de novembro de 2002 pola que se determinan as festas locais nas que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2003.

De acordo co disposto no artigo 3.2º do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, as festas locais soamente se considerarán hábiles para os efectos de actividade comercial se os respectivos concellos así llo solicitan á Consellería de Industria e Comercio con anterioridade ó 15 de novembro de cada ano, para a súa incorporación ó calendario que rexerá no ano seguinte.

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes dos concellos e á vista das presentadas,

DISPOÑO:

1. Autoriza-la apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2003 nos festivos locais dos concellos e días que a seguir se relacionan:

-Concello de Barbadás (Ourense): 4 de marzo e 11 de novembro.

-Concello de Padrenda (Ourense): 24 de xuño e 29 de setembro.

-Concello de Vilardevós (Ourense): 11 de novembro.

-Concello de Gondomar (Pontevedra): 21 de marzo e 11 de xullo.

-Concello de Lalín (Pontevedra): 23 de setembro.

2. O resto dos festivos locais non determinados no punto anterior consideraranse inhábiles para os efectos de actividade comercial durante o ano 2003.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio