Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 336/2002, do 22 de novembro, polo que se aceptan as doazóns de obras de arte feitas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, para a súa exposición, garda e conservación nas dependencias do Instituto de Educación Secundaria Pintor Colmeiro (Silleda-Pontevedra).

Con data do 14 de xuño de 2002, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo remitiu á Consellería de Economía e Facenda o expediente de doazón de obras de arte de Manuel Colmeiro Guimarás, feita por Emilia González Colmeiro e Alba, Elena e Albino Colmeiro González.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo dos respectivos informes favorables da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 17 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, nos termos establecidos polos doadores e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de novembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-las seguintes doazóns de obras de arte que a seguir se relacionan:

1. Doador: Emilia González Colmeiro.

Autor: Manuel Colmeiro Guimarás.

Título: Paisaxe.

Ano: asinado por Colmeiro en 1965.

Técnicas: óleo sobre cartón.

Dimensións: 61 x 46 centímetros.

2. Doador: Alba María Concepción, Albino Emilio Antonio, Elena Mercedes Concepción Colmeiro González.

Autor: Manuel Colmeiro Guimarás.

Título: Figuras.

Ano: aparece asinado por Colmeiro en 1961.

Técnica: pluma e tinta china.

Dimensións: 51 x 32 centímetros.

Artigo 2º

Os bens son doados para a súa exposición, garda e conservación nas dependencias do Instituto de

Educación Secundaria Pintor Colmeiro (Silleda-Pontevedra).

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vintedous de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda