Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2002 referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir un posto de administrador do pavillón de deportes, vacante no cadro de persoal laboral fixo do concello.

O alcalde, por Decreto do 11-11-2002, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2002):

Persoal laboral:

Posto: administrador do pavillón de deportes.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 266, do 20 de novembro de 2002 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 22 de novembro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde