Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 18 de novembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para remodelación de volumes e aliñacións interiores na rúa Dr. Moreira Casal, redactado polo arquitecto Jesús Mª Diéguez Pazos e promovido por Urbis, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde