Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTAS

ANUNCIO polo que se fai público o concurso para adxudicar, mediante procedemento aberto, a concesión de uso privativo para equipamento social dunha residencia da terceira idade e taller ocupacional para minusválidos en terreos do concello de Portas.

O pleno do concello, en sesión do 13 de novembro deste ano aprobou o expediente de contratación do anuncio arriba indicado, coas seguintes especificacións.

Obxecto.

Constitúe o obxecto deste concurso a concesión administrativa do uso privativo, para equipamento social dunha residencia da terceira idade e taller ocupacional para minusválidos, dun terreo de 8.860 metros cadrados no que existen muros e cheminea de antiga azucareira, no termo municipal de Portas (Pontevedra), para promove-la rehabilitación total do edificio e o equipamento para unha residencia da terceira idade e taller ocupacional para minusválidos.

Canon.

Será ofertado polos licitadores. O canon mínimo da concesión ascende á suma de 6.010 euros/ano, e a actualización dos pagamentos que se deberán realizar durante o período da concesión quedará cifrado na cantidade ofertada polo adxudicatario, incrementada no IPC de cada ano.

Prazo da concesión.

A concesión terá unha duración de 50 anos.

Presentación de plicas.

No rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación coincidise en festivo, prorrogarase ó primeiro día hábil seguinte.

Criterios que servirán de base para a adxudicación:

1. Proxecto de explotación do servicio: ata un máximo de 4 puntos.

2. Anteproxecto das obras e equipamento: ata un máximo de 3 puntos.

3. Experiencia da empresa en traballos ou servicios relacionados co sector social de maiores: ata un máximo de 2 puntos.

4. Canon anual: ata un máximo de 1 punto.

Apertura de plicas.

Na casa do concello, ás 10 horas do día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións: se coincidise en sábado, o primeiro día hábil seguinte.

Exposición e obtención.

A exposición dos pregos e o anuncio do concurso para a presentación de proposicións realizaranse simultaneamente, podendo presentarse reclamacións contra os pregos durante 8 días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio no BOP. De producirse reclamacións contra os pregos, suspenderanse a licitación e o prazo de presentación das proposicións.

Os pregos de condicións, modelo de proposición e demais documentación están a disposición dos interesados tódolos días laborables, durante o prazo de presentación de proposicións, das 9 ás 13 horas, na secretaría do concello.

Os gastos de inserción de anuncios e tódolos que ocasione o expediente serán por conta do adxudicatario.

Portas, 14 de novembro de 2002.

Roberto Vázquez Souto

Rubricado

La secretaria

Rubricado