Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso para a contratación da xestión, mantemento e control post-clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Ourense.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

1.3. Número de expediente: 761/02.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso para a contratación, en réxime de concesión, da xestión, mantemento e control post-clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Ourense.

2.2. Prazo da concesión: a concesión outórgase por un prazo de 10 anos a partir do momento do inicio da explotación do servicio da xestión, mantemento e control post-clausura, podéndose prorrogar polo mesmo período de tempo e ata un máximo de dúas prórrogas.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Trámite: ordinario.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. O orzamento non foi establecido previamente pola Administración.

5. Fianzas:

5.1. Definitiva: 12.000 A.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Negociado de Infraestrucutras.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 388 13 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a este concurso as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1, das 9 ás 13 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 6 de novembro de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde