Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros tramita, por medio de concurso con procedemento aberto, o contrato de consultoría e asistencia seguinte:

Obxecto: traballos precisos para a actualización da cartografía municipal informatizada.

Orzamento de licitación: 78.210,91 euros.

Fianzas:

Provisional: 1.564,22 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución e entrega: cinco meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de quince días (15) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 21 de novembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa