Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros tramita, por medio de concurso con procedemento aberto, o contrato de consultoría e asistencia seguinte:

Obxecto: traballos de consultoría e asistencia para a revisión parcial do Plan Xeral Municipal de Ordenación de Oleiros.

Orzamento de licitación: 240.404,84 euros.

Fianzas:

Provisional: 4.808,10 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución e entrega:

1. Entrega do avance da revisión do PXMO: 5 meses.

2. Entrega do documento para a aprobación inicial: 6 meses.

3. Entrega de informe de alegacións: 1 mes.

4. Presentación de documento reformado, se é o caso, para informe previo e vinculante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda: 1 mes.

5. Se é o caso, incorporación de modificacións ó documento para aprobación definitiva: 1 mes.

6. Se é o caso, texto refundido do documento de revisión do PXMO: 1 mes.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de quince días (15) naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 21 de novembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa