Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 pola que se realiza a publicidade da do 28 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental da mellora do abrigo da dársena de Porcillán no porto de Ribadeo.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o presidente de Portos de Galicia

RESOLVE:

Darlle publicidade mediante esta publicación á Resolución do 28 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental da mellora do abrigo na dársena de Porcillán-Ribadeo, no concello de Ribadeo, provincia de Lugo, promovido polo ente público Portos de Galicia.

A devandita declaración refírese ó peche da bocana da citada dársena prolongando o dique N 70 m e o dique S 30 m; a sección transversal das ampliacións componse dunha banqueta de dique de 300 kg, dun manto de dique de 1 t, dun filtro de 50 kg e dun núcleo de todo-un de canteira; a coroación

paviméntase cunha capa de 20 cm de formigón vibrado e un espaldón de formigón á cota +6,75 m. Na ampliación do dique N ademais proxéctase un peirao no lado abrigado de bloques de formigón e superestructura de formigón in situ.

A declaración foi incorporada ó citado expediente e encóntrase ó dispor de calquera interesado nas oficinas centrais de Portos de Galicia durante un prazo de trinta días contados desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia