Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2002 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, de 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 12-9-2002.

Obxecto: ocupación dunha superficie de dominio público portuario con destino á utilización do antigo edificio de servicios do porto de Ribeira para sede da patrulla fiscal.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: garda civil.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 15-10-2002.

Obxecto: construcción dun edificio para sede do club.

Porto: Rianxo.

Adxudicatario: club de piragüismo de Rianxo.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 31-10-2002.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa con destino á construcción dunha estación depuradora e centro de expedición de moluscos.

Porto: Tragove (Cambados).

Adxudicatario: Depuradora de Moluscos La Sirena, S.L.

Resolución: 8-11-2002.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa con destino á construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Baiona.

Porto: Baiona.

Adxudicatario: Puerto Deportivo de Baiona, S.A.

Resolución: 11-11-2002.

Obxecto: instalacións da nova lonxa para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: O Barqueiro.

Adxudicatario: confraría de pescadores O Barqueiro-Bares.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 15-11-2002.

Obxecto: construcción de nave industrial para garaxe de maquinaria propia e oficina de consignatario.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Pertejo, S.L.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 19-11-2002.

Obxecto: construcción dun edificio para sede social e oficinas da asociación.

Porto: A Illa de Arousa.

Adxudicatario: Asociación de Mejilloneros Isleños San Esteban-AMI.

Prazo: 15 anos.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia