Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, sistema de concurso público e procedemento aberto, mediante expediente anticipado de gasto, das obras de reparacións varias no centro de saúde de Vimianzo (A Coruña).

Obra: reparacións varias no centro de saúde de Vimianzo (A Coruña).

Orzamento da contrata: 76.981,57 A.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Forma de tramitación: urxente.

Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en día hábiles de 9 a 14 horas; e facer copias na Copistería Copinino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 5.3. do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 5.4. do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 10 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

P.D. (Decreto 45/2002, do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos