Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro-Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 2002/12/496.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dunha estación do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS) e equipos adicionais de navegación para o buque escola Valentín Paz Andrade.

c) Lote: non hai.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 13-8-2002 (DOG nº 155).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 88.272 euros (importe total).

5. Adxudicación.

a) Data: 16-10-2002.

b) Contratista: Electrónica Rías Bajas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 86.454,80 euros.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (de modificación da Lei 30/1992), ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous

meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2002.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro