Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 278/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 278/2002.

Denunciado/a: restaurante chinés Gran Muralla.

DNI/CIF: 32710340-Q.

Derradeiro enderezo coñecido: Dolores, 11 Ferrol.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: seiscentos un euros con un céntimo.

A Coruña, 23 de setembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña