Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Gres (Vila de Cruces-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Gres (Vila de Cruces-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 301/1995, do 16 de novembro, (DOG nº 228, do 28 de novembro), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 21 de outubro de 2002, o director xeral de Infraestructuras Agrarias aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Gres (Vila de Cruces-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público na Casa do Concello de Vila de Cruces e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Os recorrentes poden presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, sito na rúa Benito Corbal, 47-4º, de Pontevedra, no rexistro xeral da consellería, sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal

para facérlle-las notificacións que procedan, e se é o caso, a persoa residente nel que teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxisen as formalidades prescritas para a súa elaboración e notificación ou publicación, ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 4 de novembro de 21002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra