Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza das delegacións territoriais, comarcais, servicios de usos do litoral, Centro de Control do Medio Mariño da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Tramitación anticipada de gasto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza das delegacións territoriais, comarcais, servicios de usos do litoral, Centro de Control do Medio Mariño, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Prazo de execución: ano 2003, estimándose o inicio o día 1-1-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: cento dezanove mil seiscentos sesenta e un (119.661) euros, IVE e demais impostos incluídos.

5. Garantía provisional.

Dous mil trescentos noventa e tres euros con vintedous céntimos (2.393,22 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 50 38.

e) Telefax: 981 54 40 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2090.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, nº 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sétimo día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 21-12-2001, DOG nº 15, do 21-1-2002)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería

de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS