Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.858

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Faro de Vigo, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Faro de Vigo, S.A., con nº de código 3600642, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-11-2002, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 14-10-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de novembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Texto do convenio colectivo de Faro de Vigo, S.A. e os seus traballadores para os anos 2002 e 2003.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito de aplicación deste convenio é o da empresa e por isto afecta unicamente os centros de traballo de Faro de Vigo, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal fixo que preste servicios na empresa, tanto se realiza unha función técnica ou administrativa como se só presta un esforzo físico ou de atención. O persoal de calquera categoría que no sucesivo entre a prestar servicios na empresa, quedará sometido a este convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

As normas deste convenio terán vixencia desde a data da súa publicación ata o 31 de decembro de 2003. Non obstante, os efectos económicos comezarán desde o primeiro de xaneiro de 2002 e ata o 31 de decembro de 2003.

Artigo 4º.-Denuncia do convenio.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, perdendo vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais e manténdose en vigor o seu contido normativo, salvo se algunha das partes que o subscribisen o denunciase cunha anticipación de tres meses á expiración da súa vixencia ou de calquera das prórrogas.

Artigo 5º.-Vixilancia e cumprimento do convenio.

De conformidade co establecido no artigo 85 d) do Estatuto dos traballadores, constituirase unha comisión paritaria para a vixilancia e cumprimento deste convenio, que estará integrada por tres representantes designados pola empresa e tres traballadores designados polo comité.

Artigo 6º.-Réxime de traballo.

É facultade exclusiva da empresa canto se refire á organización práctica do traballo nela. Por conseguinte, á empresa correspóndelle a distribución do persoal, conforme a súa categoría profesional e o cambio dos seus labores cando, por causas xustificadas, así o aconselle o interese da propia empresa.

Igualmente, será facultade da empresa modifica-los horarios de todos e cada un dos traballadores por conveniencia do servicio, logo de informe ó comité de empresa. De existir disparidade de criterios, someteríase á aprobación da xurisdicción competente.

A xornada de traballo na empresa é a sinalada no artigo 71 da ordenanza laboral de traballo en prensa, co criterio semanal do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Clasificación de persoal.

Segundo a permanencia ó servicio da empresa e función desempeñada, será clasificado o persoal que preste a súa actividade nela. Clasificarase en fixo e a tempo parcial ou celebrando contratos de duración determinada.

Persoal fixo: é aquel que se precisa de modo permanente para realizar traballos de tal carácter.

Persoal contratado a tempo parcial ou con contratos de duración determinada: son os definidos e a que se refiren os artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores, en relación coas disposicións vixentes de concordancia.

Artigo 8º.-Organización da producción.

As partes que interveñen neste convenio, empresa e traballadores, determinan de común acordo que a productividade, tanto da man de obra como a dos demais factores que interveñen na empresa, constitúe un dos medios principais para a elevación do nivel de vida.

Artigo 9º.-Retribución do persoal.

Retribución correspondente ó ano 2002:

As cantidades percibidas polos traballadores no 31 de decembro de 2001, que corresponden a conceptos retributivos que veñen sendo mellorados polo convenio colectivo dese ano e anteriores, aumentarase nun 3,90% (tres con noventa por cento) desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2002, na base salarial.

Retribución correspondente ó ano 2003:

A suba salarial será igual ó IPC nacional correspondente ó ano 2002. No caso de que o IPC nacional do ano 2003 fose superior ó do ano 2002, regularizaríase a diferencia.

Artigo 10º.-Complemento de nocturnidade.

Os traballadores que dun modo continuo ou periódico presten os seus servicios entre as 22 e 6 horas, percibirán en concepto de complemento de nocturnidade o 20% do salario ordinario. Este complemento, nas diversas modalidades e contías establecidas, regularase polo disposto no artigo 60 da ordenanza laboral de traballo en prensa, aprobada pola Orde do 9 de decembro de 1976, rectificada, e a nova redacción dada ó dito texto legal pola Orde do 23 de maio de 1977.

Non obstante, percibirase o complemento de nocturnidade na vacación anual regulamentaria que regula o artigo 63 da citada ordenanza, pola mesma cantidade que a acreditada no anterior mes de actividade normal a aquel no que se desfrute a dita vacación regulamentaria de 30 días naturais ininterrompidos.

Artigo 11º.-Permisos.

As ausencias ó traballo con dereito a remuneración que, logo de aviso e xustificación, o Real decreto lexislativo 1/1995, lle concede ó traballador en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, establécese por un período de tres días, ampliable a cinco días se necesita facer un desprazamento para o efecto. Así mesmo, a ausencia prevista por causa de traslado de domicilio do artigo 37.3º c) do Estatuto dos traballadores, con dereito a remuneración, establécese en dous días.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal suxeito a este convenio desfrutará dunha vacación anual retribuída de 30 días naturais ininterrompidos, de acordo co artigo 63 da vixente ordenanza laboral de traballo en prensa e, precisamente, entre os meses de maio a outubro, ambos incluídos. A empresa incrementará este período de vacacións en tantos días laborables (que se desfrutarán separadamente dos 30 regulamentarios) como festas aboables e non recuperables teña traballado o traballador.

A empresa e os traballadores conveñen en que o período de desfrute das vacacións se acordará por seccións; en caso de non chegarse a un acordo entre os traballadores, acudirase a solicitar resolución da xurisdicción competente. Igualmente, o calendario de vacacións da empresa deberá quedar fixado antes do 31 de marzo de cada ano.

Así mesmo concédeselle, para o ano 2002, unha bolsa a todo o persoal, na data de comezo das súas vacacións regulamentarias, que será de 841,44 (oitocentos corenta e un con corenta e catro) euros brutos, para o persoal que realiza unha xornada de 6 horas; e de 279,48 (douscentos setenta e nove con corenta e oito) euros brutos para o que realiza unha xornada de 2 horas.

E para o ano 2003, as cantidades anteriormente citadas incrementaranse no importe do IPC nacional correspondente ó ano 2002.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

Atenderase ó disposto no artigo 62 da vixente ordenanza laboral de traballo en prensa.

A empresa aboará ós traballadores unha paga extraordinaria, por importe dunha mensualidade cada dez anos, a partir do momento en que cumpran vinte anos de antigüidade na empresa, é dicir, cando cumpran 20, 30, 40, etc. anos de antigüidade.

Artigo 14º.-Participación en beneficios.

Aboaranse segundo o establecido no artigo 65 da ordenanza laboral de traballo en prensa.

Artigo 15º.-Complemento por enfermidade ou accidente.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente de traballo, o persoal percibirá unha cantidade complementaria (consistente na diferencia entre as remuneracións líquidas que percibe en activo e as percepcións que lle corresponden da Seguridade Social), nas datas que a xuízo do servicio médico da empresa non se encontre en condicións de asistir ó traballo a causa de enfermidade ou accidente.

Artigo 16º.-Axudas por falecemento.

Por causa de falecemento do traballador, cónxuxe ou fillos que convivan ás súas expensas, a empresa satisfará ós seus herdeiros legais a cantidade equivalente a tres mensualidades netas, servindo de base para o cálculo desta axuda a última mensualidade paga. Cando faleza o traballador, cónxuxe, fillos,

fillos políticos, pais ou pais políticos, condonarase o total da nota necrolóxica publicada e da de gracias, no tamaño habitual de tres columnas. Estas dúas notas necrolóxicas seranlles tamén condonadas ós xubilados e os seus cónxuxes.

Nos mesmos casos a necrolóxica do primeiro cabodano será gratuíta. No caso de familiares de segundo grao, bonificarase co 50%.

Artigo 17º.-Xubilación forzosa e pensión complementaria de xubilación.

1. A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para o persoal afectado por este convenio, sempre e cando o traballador reúna un período mínimo de cotización que lle permita atinxi-lo 80% da base reguladora e sexa requirido pola empresa para tal fin. Por cada xubilación forzosa, a empresa obrígase a formalizar un contrato indefinido de calquera categoría, nos seis meses precedentes ou posteriores á data da xubilación forzosa.

2. Recoñecemento: o persoal que ingresase na empresa con anterioridade á sinatura do convenio colectivo para 1995, terá dereito ó recoñecemento dunha pensión complementaria e con cargo á empresa, se no momento de obte-la pensión de xubilación do réxime da Seguridade Social, ten 64 anos de idade e 20 anos, como mínimo, de servicio na empresa.

3. Requirimento de xubilación: o persoal con 64 anos e 34 anos de servicio poderá ser requirido pola dirección da empresa para que solicite a xubilación. Se o traballador se negase a acepta-lo requirimento de xubilación que a dirección da empresa lle formule, perderá os beneficios deste complemento.

A empresa queda facultada para xubilar coa pensión máxima complementaria de xubilación o persoal con 64 anos de idade, sen que reúna ningún outro requisito. Neste último caso, o acordo da dirección da empresa será comunicado ó comité de empresa en pleno e este poderá solicita-la súa revisión da dirección.

4. Contía: a contía da pensión complementaria de xubilación de cada traballador que acredite este dereito será igual ó importe da diferencia entre o resultado de aplica-la porcentaxe de pensión que lle corresponda, segundo anos de servicio á empresa, ó total das percepcións líquidas por tódolos conceptos (excepto as horas extraordinarias e o complemento funcional dominical) e as prestacións que por este concepto lle sexan recoñecidas na Seguridade Social, por aplicación da Lei de pensións, do 31 de xullo de 1985 e o Real decreto 1799/1985, do 2 de outubro, que a desenvolve.

As porcentaxes de pensión, segundo os anos de servicio, son as seguintes:

Anos de servicioPorcentaxe

2080,00%

2181,42%

2282,84%

2384,26%

2485,68%

2587,10%

2688,52%

Anos de servicioPorcentaxe

2789,94%

2891,36%

2992,78%

3094,20%

3195,62%

3297,04%

3398,46%

34100,00%

Non son aplicables, por tanto, os beneficios aquí establecidos para o persoal que ingresase na empresa con posterioridade á sinatura do convenio colectivo de 1995.

Artigo 18º.-Transporte.

Durante o ano 2002, o complemento de transporte será incrementado de xeito que os actuais 2,98 euros que percibe por día cada traballador afectado, pasarán a ser 3,09 euros por día que acuda ó traballo e con efectos retroactivos ata o 1 de xaneiro de 2002.

Tamén con efecto retroactivo ata o 1 de xaneiro de 2002 e por cada día que acudan ó traballo, os traballadores que viñan desfrutando do complemento de transporte en contía de 1,46 euros, pasarán a percibir 1,51 euros por este concepto.

As repartidoras percibirán a cantidade de 1,46 euros por cada día que acudan ó traballo e en concepto de complemento de desprazamento, con efecto do 1 de xaneiro de 2002.

Durante o ano 2003, as cantidades anteriormente citadas serán incrementadas no importe correspondente ó IPC nacional relativo ó ano 2002.

Artigo 19º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas tódalas condicións establecidas que sexan máis beneficiosas para o traballador.

Artigo 20º.-Compensación, absorción e vinculación á totalidade.

As melloras económicas que establece este convenio serán absorbidas e compensadas en cómputo anual pola empresa, de conformidade coa lexislación vixente, con calquera mellora de calquera clase e xénero que for incluída, toda clase de primas, incentivos, complementos, gratificacións, horas extraordinarias e percepcións análogas establecidas ou que voluntariamente se tiveren pactado neste convenio colectivo, contrato individual de traballo ou costume.

Queda expresado, acordado e convido que as melloras de toda índole que no futuro sexan concedidas por disposición legal, serán soamente aplicables no caso de seren superiores ás contidas neste convenio e soamente no que exceda; ou sexa, serán absorbidas e compensadas en cómputo anual ata o exceso.

Ámbalas partes conveñen en que as normas deste convenio constitúen un todo orgánico e indivisible.

Artigo 21º.-O salario base.

Das categorías profesionais establecidas no artigo 53 da ordenanza laboral de traballo en prensa vixente, aprobado pola Orde do 9 de decembro de 1976 (rec

tificada), queda substituído polos que se relacionan na seguinte táboa, resultante de incrementar nun 3,90% os salarios vixentes o 31-12-2001 e o aumento dos cales se detrae do complemento convenio devengado polos traballadores:

CategoríasEuros

Mensual
-Técnicos
Técnico titulado de grao superior1.177,12
Técnico titulado de grao medio712,00
Técnico non titulado625,11
Debuxante proxectista584,21
Radiotelegrafista631,92
Radiotelefonista518,69

-Redacción
Subdirector1.177,12
Redactor xefe1.039,46
Redactor xefe de sección928,50
Redactor785,26
Axudante de primeira700,07
Axudante preferente618,29
Locutor618,29
Axudante543,32
Discjockey543,32

-Administración
Xefe de sección785,26
Xefe de negociado700,07
Oficial primeira618,29
Oficial segunda543,32
Auxiliar505,00
Aspirante (16-18 anos)505,00
Xefe de equipo e informática785,26
Xefe de máquinas700,07

-Servicios auxiliares
Telefonista505,00
Encargado de almacén618,29
Almaceneiro505,00
Cobrador-pagador505,00
Axente de vendas (ax. informativas)505,00

-Persoal subalterno505,00
Conserxe505,00
Porteiro505,00
Ordenanza505,00
Ciclistas e motoristas505,00
Gardas, serenos e vixilantes xuramentados505,00
Pesador basculeiro505,00
Mozo505,00
Persoal de limpeza505,00

* OperariosDiario

-Oficios propios
Xefe de taller (rexente)26,43
Xefe de sección23,87
Xefe de equipo20,81
Corrector20,06
Atendedor17,23

-Composición, reproducción e impresión
Oficial primeira19,11
Oficial segunda17,23
Oficial terceira16,81

-Reparación e montaxe
Oficial primeira19,11
Oficial segunda17,23
Oficial terceira16,81

CategoríasEuros

-Manipulación
Oficial primeira17,23
Oficial segunda17,23
Oficial terceira16,81
Embuchadores maiores de 18 anos16,81
Especialistas16,81

-Oficios auxiliares
Oficial primeira17,23
Oficial segunda16,81
Oficial terceira16,81

-Aprendizaxe
Aprendiz de terceiro ano (con 18 anos de idade)16,81
Aprendiz de segundo ano (con 18 anos idade)16,81
Aprendiz de primeiro ano (con 18 anos idade)16,81
Peóns16,81

-Distribución
Xefe de vendas17,23
Axudante16,81
Atador16,81
Distribuidor16,81
Vendedor a xornal16,81

-Repartición
Repartidor (dúas horas)5,60

Os linotipistas, teclistas, perforistas preferentes e correctores percibirán 0,18 euros máis diarios sobre as súas respectivas retribucións da táboa de salarios.

Os xornalistas percibirán, ademais, unha asignación mensual de 45,98 euros, denominada complemento artigo 48.

O soldo base dos subdirectores, redactores xefes, xefes de sección e redactores que presten servicios en réxime de libre disposición se incrementarase nun 35%, como mínimo, do sinalado na táboa.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

De conformidade coa Orde do 1 de marzo de 1983, sobre cotización adicional á Seguridade Social por horas extraordinarias, e para os efectos do disposto no artigo 7 do Real decreto 92/1983, do 19 de xaneiro, e no Real decreto lei 1/1986, do 14 de marzo, a empresa e os seus traballadores, representados polo comité que intervén na negociación deste convenio, pactan:

a) Entenderase por horas extraordinarias as necesarias por pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de prensa, isto é:

-As necesarias nas distintas seccións do periódico para lograr tódolos días de publicación a composición, confección, reproducción, impresión, peche e distribución dos exemplares que compoñen a tiraxe, tanto na ordinaria como nas edicións especiais, números extraordinarios e suplementos.

-As necesarias por ausencias imprevistas de enfermidade ou accidente de traballo.

-As necesarias por cambios de quenda, implantación tecnolóxica, adestramento, perfeccionamento dos traballadores e adaptación ás novas técnicas de traballo en prensa.

-As necesarias para traballos extraordinarios de reparación, montaxe e limpeza de maquinaria de nova adquisición.

-E calquera outra de natureza análoga, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

b) As representacións empresariais e do comité aceptan o contido e comprométense á observación da Orde do 1 de marzo de 1983, aludida anteriormente.

Artigo 23º.-Desfrute do exemplar gratuíto.

Os traballadores continuarán a desfrutar do exemplar gratuíto despois da súa xubilación e, en caso de falecemento do traballador, desfrutarao o cónxuxe sobrevivente.

Artigo 24º.-Seguro colectivo de vida.

Os traballadores de Faro de Vigo, S.A., en canto permanezan na cadro de persoal da empresa, en situación activa, quedarán acollidos a un seguro de vida que cubrirá o risco de morte por causas naturais ou de accidente e de invalidez, por importe de 12.020,24 (doce mil vinte con vintecatro) euros.

Artigo 25º.-Complemento funcional dominical.

Ano 2002:

As cantidades que perciben determinados traballadores da empresa por este concepto terán carácter de incentivo polo traslado do descanso semanal regulamentario; incrementaráselle este complemento en 3,52 (tres con cincuenta e dous) euros ó persoal de xornada completa, e en 1,20 (un con vinte) euros ó persoal de repartición. Ámbolos aumentos desde o 1 de xaneiro e ata 31 de decembro de 2002.

Ano 2003:

As cantidades sinaladas anteriormente aumentaranse co IPC nacional correspondente a 2002.

Artigo 26º.-Nóminas.

Os traballadores de Faro de Vigo, Sociedad Anónima ratifican a súa conformidade co formato de nómina que actualmente se está a utilizar.

Artigo 27º.-Vestiario e utensilios persoal de repartición.

Unha vez ó ano, o persoal de repartición percibirá:

-Calzado: un par de verán e outro de inverno.

-Dous mandilóns.

-Un carro de catro rodas.

E cada catro anos:

-Un impermeable.

Artigo 28º.-Comisión de cobramento para as repartidoras.

A actual porcentaxe de comisión de cobramento sobe ó 8%.

Artigo 29º.-Axuda para o coidado da visión.

Unha soa vez ó ano e logo de presentación da factura emitida pola óptica, aboarase o 50% do custo

de vidros ou lentes de contacto ata un importe máximo de 120,20 (cento vinte con vinte) euros por persoa e ano.

Artigo 30º.-Axuda escolar.

Para os traballadores con fillos en idade escolar, desde 1º a 6º de Primaria, establécese unha axuda anual e por fillo de 100 (cen) euros, que se aboará no mes de setembro.

Artigo 31º.-Descansos.

Por cada festivo traballado, o persoal que non pertenza a redacción descansará un día e medio.

Artigo 32º.-Complemento redaccional.

Durante 2002, os redactores e auxiliares da Sección de Redacción terán unha percepción anual única de 150,25 (cento cincuenta con vintecinco) euros.

Durante o ano 2003, esta cantidade verase incrementada no IPC anual correspondente ó ano 2002 e cobrarase no mes de setembro.

Artigo 33º.-Dereitos de autor.

Os redactores e auxiliares de redacción, pertencentes á Sección de Redacción e que colaboren ou participen directamente na confección do xornal, cobrarán no ano 2002, e motivado pola cesión de dereitos de autor, a cantidade de 207,35 (douscentos sete con trinta e cinco) euros.

No ano 2003, esta cantidade incrementarase ata a de 276,47 (douscentos setenta e seis con corenta e sete) euros por traballador e ano, e pagarase no mes de setembro.

Artigo 34º.-Unidades de negociación.

A representación das partes que negociaron, aproban e subscriben o texto deste convenio está constituída da seguinte forma:

Pola parte económica:-Fernando Fernández Núñez.

Pola parte social:-Adela Barrera Alonso.-Mª Luz Alonso González.-Mª Beatriz Iglesias Fernández.-Amaya del Olmo Legorburu.-Mª Begoña Márquez Rodríguez.-Mª del Carmen García Mayo.-Jaime Conde Guillade.-Julio Bernardo González.-Eduardo Rolland Etchevers.

Artigo 35º.-Cláusula derradeira.

Para todo o non previsto neste convenio terase en conta o disposto no procedemento legalmente establecido e nas disposicións laborais de carácter xeral.

Vigo o catorce de outubro de dous mil dous.

Pola empresa:

Fernando Fernández Núñez.

Administrador.

Polo comité:

Mª Beatriz Iglesias Fernández.

Mª Luz Alonso González.

Amaya del Olmo Legorburu.

Mª del Carmen García Mayo.

Mª Begoña Márquez Rodríguez.

Adela Barrera Alonso.

Jaime Conde Guillade.

Julio Bernardo González.

Eduardo Rolland Etchevers.