Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA BAÑA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002 referente á convocatoria para prover unha praza de técnico de xestión informático-contable.

No BOP da Coruña número 258, con data do 11 de novembro de 2002, publícanse integramente as bases que deberán rexer no concurso-oposición convocado para prover, mediante concurso-oposición libre, de entre as vacantes existentes no cadro de persoal de funcionarios deste concello, un posto de técnico de xestión informático-contable, integrado na escala de Administración especial, subescala técnica: técnico medio, pertencente ó grupo B.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

A Baña, 14 de novembro de 2002.

José Andrés García Cardeso

Alcalde