Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO relativo á aprobación definitiva do proxecto de urbanización do Areal-1.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 8 de outubro de 2002, aprobou definitivamente,

nos termos e cos condicionantes detallados no propio acordo, o proxecto de urbanización correspondente ó Plan Parcial Areal-1, redactado polos enxeñeiros María Ferreiro Núñez e José Manuel Nieto Matamoros, por instancia de Erosmer Ibérica, S.A.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Lalín, 11 de outubro de 2002.

O concelleiro delegado de Urbanismo

Rubricado