Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo

que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición de equipamento electromédico para urxencias con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras-Ourense (12 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-01/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento electromédico para urxencias.

c) Lote: 12 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 50, do 11 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: sesenta e oito mil oitenta e oito con sesenta euros con IVE incluído (68.088,60 euros, con IVE incluído).

LoteDescriciónImporte

dos lotes (A)

1Respirador transporte14.424,28

2Monitor de cabeceira7.813,16

3Desfibrilador7.813,16

4Electrocardiógrafo4.207,08

5Lámpada tipo cirúrxica2.103,54

6Monitor presión arterial1.803,04

7Aspirador eléctrico4.086,88

8Negatoscopios de uso xeral1.111,85

9Equipamento electromédico diversos servicios8.047,53

10Bisturí eléctrico1.953,29

11Mesa cirúrxica básica móbil9.015,18

12Lavacuñas desinfectador5.709,61

Adxudicación:

Lote 1: respirador de transporte.

a) Data: 5 de xullo de 2002.

b) Contratista: Air Liquide Medicinal, S.L.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trece mil cento setenta e cinco con oitenta e catro euros, IVE incluído (13.175,84 euros, IVE incluído).

Lote 2: monitor de cabeceira.

a) Data: 5 de xullo de 2002.

b) Contratista: Tecnomed 2000, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis mil trescentos oitenta e sete con sesenta euros, IVE incluído (6.387,60 euros, IVE incluído).

Lote 3: desfibrilador.

Lote 5: lámpada tipo cirúrxica.

Lote 6: monitor presión arterial.

Lote 8: negatoscopios de uso xeral.

Lote 9: equipamento electromédico diversos servicios.

Lote 10: bisturí eléctrico.

a) Data: 5 de xullo de 2002.

b) Contratista: Galmédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinteún mil setecentos cincuenta e tres con seis euros, IVE incluído (21.753,06 euros, IVE incluído).

Lote 4: electrocardiógrafo.

a) Data: 5 de xullo de 2002.

b) Contratista: Marquette Hellige España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catro mil cento oitenta e un con setenta e un euros, IVE incluído (4.181,71 euros, IVE incluído).

Lote 7: aspirador eléctrico.

a) Data: 5 de xullo de 2002.

b) Contratista: DD & AA Medical, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catro mil oitenta e seis con oitenta e oito euros, IVE incluído (4.086,88 euros, IVE incluído).

Lote 11: mesa cirúrxica básica móbil.

a) Data: 5 de xullo de 2002.

b) Contratista: Fundación García Muñoz, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oito mil novecentos noventa e cinco euros, IVE incluído (8.995 euros IVE incluído).

Lote 12: lavacuñas desinfectador.

a) Data: 5 de xullo de 2002.

b) Contratista: Getinge Ibérica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco mil seiscentos setenta e nove con cincuenta e seis euros, IVE incluído (5.679,56 euros, IVE incluído).

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos