Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 6 de novembro de 2002, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 27025/02 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador nº 27025/02, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10 A, 2º, edificio Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da notificación. Se non se recorrese contra ela no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 27025/02.

Inculpado: M.C. Lugo Servicios Inmobiliarios, S.L.

Enderezo: Campos Castillo, nº 10, baixo, Lugo.

Sanción: 1.680 euros.

Motivo: irregularidades campaña vivenda 2001.

Data da resolución: 20-9-2002.

Lugo, 6 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo